InicioCulturaA artista portuguesa Dulce Pontes actuará no Domingo das Mozas

A artista portuguesa Dulce Pontes actuará no Domingo das Mozas

As mulleres terán un protagonismo especial nesa xornada, xa que todos os concertos terán voces femininas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou este mércores o segundo concerto confirmado para o San Froilán 2019. Será o da cantante portuguesa Dulce Pontes, que traerá a música lusa ao Domingo das Mozas.

A artista portuguesa Dulce Pontes, que xa estivera no San Froilán do 2004, pechará a programación desa xornada. Coñecida internacionalmente como unha das mellores artistas lusas, conta xa con 30 anos de carreira musical ás súas costas. No ano 1991, foi a gañadora do Festival Nacional da Canción de Portugal. Ademias, dise que os seus traballos contribuíron de xeito importante ao renacemento do fado nos 90 e, actualmente, conta con dez álbums publicados, ademais de varias colaboracións.

Será quen poña broche a un Domingo das Mozas que estará especialmente dedicado ás mulleres, segundo explicou Maite Ferreiro. Por iso, prevé que todas as actuacións teñan protagonismo feminino.

MÚSICA TRADICIONAL

Outro dos eixes principais destas festas será a música tradicional, tal como indiciou a concelleira de Cultura. “As agrupacións de música tradicional contarán tamén, durante estas festas, con espazos propios na programación”, afirmou.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...