InicioEconomíaA industria láctea Naturleite, "a pleno rendemento": "A nosa produción non pode...

A industria láctea Naturleite, “a pleno rendemento”: “A nosa produción non pode parar”

Desde a industria láctea recoñecen aumentar o seu nivel de produción nun 53% nesta última semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A factoría central de Naturleite, na localidade lucense de Meira, adoptou “medidas extraordinarias” para continuar producindo “a pleno rendemento” e dar cobertura á demanda do mercado durante a actual crise polo coronavirus.

Desde a industria láctea recoñecen aumentar o seu nivel de produción nun 53% nesta última semana e os traballadores están a facer “un esforzo maior ao traballar máis horas das habituais” para sacar adiante os produtos.

Antonio Larrea, director xeral de Naturleite, lembrou este sábado que os gandeiros aos que recolle a compañía seguen “traballando día a día para entregar o seu leite”. “Os seus animais teñen que seguir comendo e sendo ordeñados e a nosa produción non pode parar”, resumiu.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...