InicioCulturaMeira debate os desafíos do rural a través da memoria da Terra...

Meira debate os desafíos do rural a través da memoria da Terra de Miranda

A II Xornada da Terra de Miranda procura recobrar o imaxinario colectivo e facer posible un futuro para o medio rural, ofrecendo formación homologada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Meira acollerá a reedición dos Encontros de Debate sobre o Medio Rural que organizan Nova Escola Galega, Asociación Cultural Avelino Díaz e a Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea. A II Xornada da Terra de Miranda celebrarase os días 7 e 8 de setembro, e servirá para compartir perspectivas sobre o futuro do campo galego e recobrar a identidade colectiva da zona. 

Un total de 27 relatoras e relatores participarán da xuntanza, para a que é preciso inscribirse, e que ofrece 12 horas de formación homologadas. A actividade enfócase como unha concepción coral, que exemplificará na bisbarra a situación do medio rural e tentará imaxinar posibilidades de futuro, en especial no referido ao ensino. A II Xornada da Terra de Miranda terá por escenario a Casa da Cultura de Meira.

Estarán presentes persoas vencelladas coa educación, a historia, a literatura, o cinema, integrados en asociacións culturais ou parte da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural (Regaeder).

A programación inclúe catro mesas redondas, relatorios, un roteiro pola Órrea, así como a proxeccións de documentais –coma Miranda, mítica e real, que presenta Vanesa Gómez Lourido–, ou a presentación do libro do estudoso lucense Xulio Pardo de Neyra sobre as Terras de Miranda, que edita o Servizo de Publicacións da Deputación. 

Pode consultar a programación completa da Xornada nesta ligazón. Para inscribirse, debe seguir este enderezo.

“Tento rehabilitar a Terra de Miranda que perdemos non hai tanto tempo”

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...