InicioSociedadeBaleira, Navia de Suarna e Ribas de Sil estrearán cadansúa casa niño...

Baleira, Navia de Suarna e Ribas de Sil estrearán cadansúa casa niño neste 2020

A Xunta financia estes centros onde se ofrece atención personalizada a cativos de entre 0 e 3 anos, residentes en concellos do rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo estreará, previsiblemente, tres novas casas niño ao longo deste 2020. Trátase das dos concellos de Baleira, Ribas de Sil e Navia de Suarna, que se suman ás outras 16 que xa están en marcha. Desta forma, serán 95 as prazas ofertadas na provincia para este servizo de conciliación e atención á infancia no medio rural.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Política Social vén de autorizar a creación e financiamento destes tres novos centros. Estas casas niño, gratuítas para os usuarios, son espazos de atención personalizada a un máximo de 5 nenas e nenos de entre 0 e 3 anos. As persoas promotoras da iniciativa son as encargadas de prestar o servizo, que conta co apoio da Xunta de Galicia. Todas elas teñen formación relacionada coa educación infantil,  experiencia nese ámbito ou que realizaron os cursos que organiza con este obxecto a Xunta de Galicia.

Cada neno que nace no rural galego é un tesouro, para os concellos máis pequenos aínda con máis razón. A Xunta presenta unha alternativa que se ten amosado moi útil, un servizo de conciliación e atención á infancia de gran valor para o rural, e para loitar contra a despoboación e o envellecemento”, explicou esta mañá Balseiro.

Acompañábano Lucía Mosteiro e Cristina Casasempere, promotoras das casas niño de Baleira e Ribas de Sil, respectivamente, dous dos tres novos centros que abrirán as súas portas este ano.

As 16 casas niño restantes, xa plenamente operativas, sitúanse nos concellos das Nogais, Begonte, Xermade, Castroverde (2), Folgoso Do Courel, Láncara, O Corgo, Portomarín, Riotorto, Ourol, Paradela, Pobra Do Brollón, O Páramo, Rábade e Triacastela.

CARACTERÍSTICAS DO SERVIZO

A Consellería de Política Social financia cun máximo de 15.000 euros as obras de adaptación do inmoble no que se empraza a Casa niño, para que cumpra todos os requisitos de seguridade e a normativa pública sobre atención infantil. A Xunta tamén se ocupa do salario da persoa responsable da Casa niño, cunha achega para atención educativa que ascenderá a 19.600 euros ao ano, o que garante a gratuidade do servizo para as familias.

As casas niños emprázanse en concellos de menos de 5.000 habitantes, co único requisito de que estes municipios non dispoñan dunha escola infantil ou dunha gardería, dun servizo alternativo de conciliación.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...