InicioMedioambiente e PatrimonioUn incendio forestal en Cervantes alcanzou a parede dunha vivenda de Padornelo

Un incendio forestal en Cervantes alcanzou a parede dunha vivenda de Padornelo

O lume quedou controlado a iso das 21.00 horas do martes. Unha anciá chegou a sufrir un ataque de ansiedade debido ao "susto" provocado polo suceso. Crese que a orixe das chamas foi accidental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Un incendio forestal rexistrado este martes no concello de Cervantes chegou a alcanzar a parede dunha vivenda do lugar de Padornelo, na parroquia de San Martín da Ribeira.

Segundo o tenente alcalde do municipio cervantego, Luís Alonso, o lume “chegou mesmo á parede da casa“, antes de estenderse “rapidamente” a través dunha ladeira en pendente contigua á zona habitada. Alonso tamén confirmou que foron os habitantes desta vivenda os que empezaron a sufocar as chamas, pouco antes das 17.00 horas, cando aínda non chegaran unha carroceta do concello e persoal do servizo de extinción de incendios da Xunta de Galicia.

Finalmente, antes das 21.00 horas, acabaron “controlándoo arriba, a pesar de que as chamas lograron saltar un cortalumes“. Nos labores de extinción participaron 15 brigadas, 8 motobombas, 6 helicópteros, 1 avión e 3 axentes do servizo antiincendios autonómico.

Con respecto ás causas do incendio, todo indica a que a súa orixe foi “accidental, non provocado”, aínda que tamén acudiron na zona afectada axentes da Garda Civil para esclarecer os feitos

“UN SUSTO” GRANDE

O peor, segundo afirmou o tenente de alcalde, foi “o susto para os moradores das dúas ou tres casas que están á beira”. Alonso, que estivo presente no lugar dos feitos, indicou a este respecto que “unha anciá de 89 anos sufriu un ataque de ansiedade polo nerviosismo da situación”.

Aínda que no lugar de Padornelo viven habitualmente “un par de persoas”, nestas datas estivais o número de habitantes “alcanza a ducia”.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...