InicioEconomíaDenuncian que a Xunta retirou case 23 millóns de pagos a...

Denuncian que a Xunta retirou case 23 millóns de pagos a zonas desfavorecidas de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, puxo en dúbida as intencións da Xunta de Galicia de combater o déficit demográfico e o despoboamento do rural despois de que o Goberno galego reformulara as axudas da Unión Europa ás zonas desfavorecidas e ás zonas de montaña.

Esta “reprogramación”, explicou o sindicato, de case a metade de 1.170 millóns de euros, só se executou o 54 por cento desde 2014 ata 2020, súmase á supresión do paritorio de Verín, feitos que, denunciou UU.AA., “non” axudan a mitigar o despoboamento do rural.

Na provincia de Lugo, a máis afectada, o responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, puntualizou que neste documento de reprogramación, que xa remitiu a Xunta a Bruxelas, “é que se retiran 22,8 millóns de euros dos pagos a zonas desfavorecidas, sobre todo en zonas de montaña, que en Lugo suporían un recorte de máis de 13 millóns de euros que terían que cobrar estas explotacións antes do 31 de decembro de 2020 e que non van cobrar”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...