InicioA UlloaA música medieval recupera o seu esplendor nos lugares históricos de Lugo

A música medieval recupera o seu esplendor nos lugares históricos de Lugo

A deputación promove concertos con insturmentos medievais en edificios e lugares históricos como a Catedral de Lugo ou diferentes igrexas da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A música medieval inundará lugares históricos da provincia. Será a través dunha iniciativa da deputación que quere poñer en valor os instrumentos musicais da colección provincial que serán os que se utilizarán nos concertos en lugares de gran relevancia histórica, como a catedral de Lugo ou numerosas igrexas da provioncia.

O obxectivo desta iniciativa pasa polo estudio, a divulgación, o préstamo de pezas, así como a promoción da música medieval para o público en xeral nos 67 Concellos da provincia.

Por iso, dende o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) e a Colección e Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación iniciouse un traballo para a actuación integral na formación de intérpretes e reconstrucións históricas para a súa promoción en Galicia. “Creouse unha pequena colección de instrumentos medievais destinada ao préstamo temporal a músicos profesionais que queiran achegarse, ou aportar a súa experiencia na interpretación deste legado cultural dentro das súas xiras internacionais”, apuntou a deputada de Cultura, Pilar Porto.

Os instrumentos que se cederán por parte da Deputación para os concertos son unha zanfona medieval, unha viola de tres cordas, un salterio e unha Giga. Algúns deles creáronse no Obradoiro de instrumentos musicais do CENTRAD que impulsou a Deputación.

De feito, realizaranse 8 concertos en distintos concellos da provincia que impartirá o grupo lucenseLucus Ensemble, para dar a coñecer e poñer en valor estes instrumentos. Ademais, na Capela de Santa María presentase, ademais, nos vindeiros días, unha mostra que recollerá unha boa parte da colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.

LUCUS ENSEMBLE

O grupo Lucus Ensemble, é un dos principais referentes da música de cámara da provincia. A súa formación conta cun plantel de trece compoñentes (once instrumentistas e dous vocalistas), e goza dun prestixio gañado a pulso ao longo dos case cinco anos da súa existencia, e dos múltiples concertos e repertorios diferentes desenrolados neste tempo.

As actuacións realízanse en edificios e lugares históricos que teñen relación coa música medieval, e que contan cun patrimonio histórico moi relevante como a Catedral de Lugo, a Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, ou a Igrexa de Santa Mariña, entre outras.

As datas son;

Antas de Ulla, 14 de abril. Igrexa Santa Mariña, ás 19:00 horas

Monforte de Lemos, 3 de maio. Casa Cultura Lois Pereiro, ás 20:15 horas

Portomarín, 5  de maio. Igrexa de San Xoán, parroquia de San Nicolás, ás 19:00 horas

O Saviñao, 9 de xuño. Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, ás 19:00 horas

Castroverde, 30 de xuño. Igrexa de Santiago de Vilariño, ás 19:00 horas

Viveiro, 11 de xullo. Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas

Alfoz, 15 de setembro. Igrexa do Castro, ás 19:00 horas

Lugo, 13 de outubro. Catedral de Lugo, ás 17:00 horas

EXPOSICIÓN

O son do tempo”, é o nome da exposición que se inaugurará nos vindeiros días na Capela de Santa María, na que destaca a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII. Nesta mostra haberá unha selección de instrumentos medievais do CENTRAD, que foi declarada pola Xunta visitable de contido especializado no 2008.

ÚLTIMAS

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...

Colectivos contrarios á factoría de Altri convocan una manifestación para o 15 de decembro

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa acusaron...

A Deputación de Lugo aproba un orzamento de 130,4 millóns para 2025, destinado a “mellorar servizos públicos”

A Deputación de Lugo aprobou este martes, cos votos dos grupos de PSOE e BNG e...

Redadas en bares de Lugo rematan con 65 indentificados e a incautación de diferentes tipos de droga

Os axentes do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo,...