InicioCulturaTIAM Gz, hip hop "combativo" desde terras lucenses para o mundo

TIAM Gz, hip hop “combativo” desde terras lucenses para o mundo

Esta formación, con só dous anos de traxectoria, ten un futuro prometedor no horizonte do rap galego. Falamos con Iagueiro, un dos compoñentes do grupo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

TIAM Gz naceu no verán do 2018 despois de que 4 amigos de sempre: Torozas, Iagueiro, Alessov e Mr. Mati -xuntade as iniciais de cada un e xa saberedes de onde vén o nome da banda- decidiron mercar un micro e gravar de xeito caseiro unhas letras moi reivindicativas e poñerlles melodía de rap. Recoñecen que este xénero musical é o que máis os representa porque permite máis liberdade de expresión ao que canta e convida á reflexión e ao pensamento ao que escoita.

Despois de meses de mesturas e probas, deron sacado en outubro de 2018 a mixtape “Cantigas”, composta por tres temas: “Escarnio”, “Amigo” “Amor”. En marzo do 2019 sacaron o seu seguinte single: “Akelarre” e a partir de entón comezaron a chegar as primeiras propostas de directos no que foi un gran ano de relanzamento. Neste mesmo ano chegou “Arabic” (regetón combativo) e“Entropía”, este segundo tema moi recoñecido na comunidade hip hop galega sendo seleccionado entre os 25 mellores temas do ano 2019 por Hip Hop em galego.  No 2020 publicaron a finais de xaneiro o seu primeiro videoclip, do tema “Flows da Nada”, un traballo ‘moi currado’ que tivo unha gran acollida de crítica e público.

Podes ler a entrevista no Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...