InicioPolíticaAs eleccións autonómicas non se celebrarán o vindeiro 5 de abril

As eleccións autonómicas non se celebrarán o vindeiro 5 de abril

A Xunta e os principais partidos políticos decidiron aprazar os comicios por mor da pandemia do coronavirus, pero aínda non se concretou unha nova data.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta de Galicia e os principais partidos políticos galegos coincidiron este luns en que as eleccións galegas convocadas para o próximo 5 de abril teñen que ser aprazadas por mor da situación xerada na comunidade pola crise sanitaria do coronavirus. Con todo, non hai acordo sobre unha nova data.

Todos os partidos galegos mostráronse xa partidarios do adiamento, aínda que había matices en relación ao prazo dunha nova convocatoria. A decisión en Galicia ratificarase despois de que este mesmo luns Euskadi tomase a mesma determinación. No País Vasco optouse por unha suspensión sen data para os novos comicios. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...