InicioLugo e contornaO cura que pediu con misas melloras nunha vía celebrará a execución...

O cura que pediu con misas melloras nunha vía celebrará a execución das obras noutro oficio auspiciado pola Deputación

Será este xoves 28 en Momán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, confirmou que prevé asistir ao oficio relixioso que, segundo xa trascendera, está auspiciado pola institución provincial, e que terá lugar este xoves 28 en Momán para conmemorar a mellora do estado da estrada Momán-As Pontes.

En declaracións aos medios preguntado por cuestións internas socialistas, Tomé incidiu en que o xoves será “un día tremendamente ocupado” porque, “á parte do que se faga na Deputación, haberá unha misa moi importante en Xermade”.

“Cando cheguei á Presidencia da Deputación (2019) alí había buracos e era unha estrada onde o cura plantaba toxos, entón celebraba misas reivindicativas e agora que iso está arranxado ata As Pontes creo que é o momento de celebrar misas conmemorativas e de arranxo desa estrada“, xustificou.

En concreto, o párraco de Momán, Luís Rodríguez Patiño, organizou dúas misas xunto á estrada que vai de Momán ás Pontes nos anos 2016 e 2019, respectivamente, para esixir a mellora desta vía. A terceira terá lugar na mesma localización o 28 deste mes ás 13,00 horas, e servirá para conmemorar que se están efectuando.

A vía é de titularidade provincial e as obras de mellora están nun estado avanzado.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...