InicioLugo e contornaO cura que pediu con misas melloras nunha vía celebrará a execución...

O cura que pediu con misas melloras nunha vía celebrará a execución das obras noutro oficio auspiciado pola Deputación

Será este xoves 28 en Momán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, confirmou que prevé asistir ao oficio relixioso que, segundo xa trascendera, está auspiciado pola institución provincial, e que terá lugar este xoves 28 en Momán para conmemorar a mellora do estado da estrada Momán-As Pontes.

En declaracións aos medios preguntado por cuestións internas socialistas, Tomé incidiu en que o xoves será “un día tremendamente ocupado” porque, “á parte do que se faga na Deputación, haberá unha misa moi importante en Xermade”.

“Cando cheguei á Presidencia da Deputación (2019) alí había buracos e era unha estrada onde o cura plantaba toxos, entón celebraba misas reivindicativas e agora que iso está arranxado ata As Pontes creo que é o momento de celebrar misas conmemorativas e de arranxo desa estrada“, xustificou.

En concreto, o párraco de Momán, Luís Rodríguez Patiño, organizou dúas misas xunto á estrada que vai de Momán ás Pontes nos anos 2016 e 2019, respectivamente, para esixir a mellora desta vía. A terceira terá lugar na mesma localización o 28 deste mes ás 13,00 horas, e servirá para conmemorar que se están efectuando.

A vía é de titularidade provincial e as obras de mellora están nun estado avanzado.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro acusa a Rueda de “amañar nos despachos” a moción de censura de Lugo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Un total de 300 usuarios en municipios de menos de 20.000 habitantes atendidos en nove residencias da Deputación de Lugo

A proximidade, a atención personalizada e a calidade asistencial definen o modelo de residencias...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...