InicioTerra CháVilalbaManu Chao e Treixadura, concertazos para poñer fin ás festas de Vilalba

Manu Chao e Treixadura, concertazos para poñer fin ás festas de Vilalba

O Concello de Vilalba pon fin a varios días de celebración nos que a ampla programación cultural e musical fixeron recuperar o ambiente festivo de antes da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta fin de semana rematan os festexos do San Ramón e Santa María de Vilalba.

Para este venres 2 de setembro está programado para primeira hora da tarde o Día infantil na Praza da Constitución, lugar onde a continuación, sobre as 19:30 h. haberá un espazo para os e as amantes do xadrez. E pola noite, un dos pratos fortes do programa deste ano, concerto de Manu Chao ás 22:30 h. na Praza de Santa María.

O sábado 3 de setembro pola mañá a música de rúa será protagonista pola mañá para pasar a testemuña na sesión vermú ao Dúo Estrellas. A Praza da Constitución acollerá o tráiler do Mago Antón con pases de mañá e de tarde.

Ás 17:00 h. a mesma praza acollerá un obradoiro de pompas e ás 20:00 h. o Auditorio Municipal será o escenario onde se desenvolva o XVI Festival de Bandas Pepe Guntín. E para pechar a xornada, verbena coa orquestra Olympus e o Dúo estrellas.

Como peche, o domingo 4 de setembro, será o ‘Día das Parroquias’, nesta ocasión de dedicado a San Cosme de Nete, e pasarrúas coas charangas ‘Asubíos da Chaira’ e ‘Charanga de Vilalba’.  A sesión vermú correrá a cargo de Orquestra Fuego e xa pola tarde, ás 18:00 h., chegará o espectáculo ‘Don Gaiferos e o Dragón’ para a cativada.

O ramo poñerao o grupo de música tradicional Treixadura, na Praza da Constitución ás 22:00 h.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...