InicioSucesosA Garda Civil detén un dun mozo en Vilalba que levaba haxix...

A Garda Civil detén un dun mozo en Vilalba que levaba haxix no interior do seu coche

Os feitos producíronse no transcurso dunha actuación conxunta da Policía Local e a Garda Civil, na cal pararon a un vehículo cuxo condutor acababa de cometer unha infracción de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou un punto de venda de drogas no municipio de Vilalba despois de deter a un mozo ao que interviñeron 67 gramos de haxix no seu vehículo tras paralo por unha infracción de tráfico.

Segundo informou o Instituto Armado, este luns pola tarde no termo municipal de Vilalba foi detido un veciño de Goiriz de 27 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Os feitos producíronse no transcurso dunha actuación conxunta da Policía Local e a Garda Civil, na cal pararon a un vehículo cuxo condutor acababa de cometer unha infracción de tráfico.

No marco da actuación policial procedeuse a un rexistro superficial do vehículo no que os axentes intervenientes localizaron 67 gramos de haxix.

Posteriormente, indicou a Garda Civil, levou a cabo un rexistro no domicilio do novo, no os axentes incautáronse de 884 gramos de haxix, 64 gramos de marihuana e dunha báscula electrónica de precisión.

Con esta operación, o Instituto Armado considera pechado un punto de venda de drogas na capital chairega. O detido por tráfico de drogas neste operativo quedou a disposición xudicial.

 

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...