InicioCultura'I Concurso de Música Local' para potenciar o talento artístico de Vilalba

‘I Concurso de Música Local’ para potenciar o talento artístico de Vilalba

O concello, a través da concellería de Cultura, convoca o seu ‘I Concurso de Música Local’ co obxectivo de apoiar as propostas musicais que hai en Vilalba, divulgando e dando a coñecer os seus traballos, así como premiando a creatividade e innovación das persoas e grupos participantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No certame convocado polo Concello de Vilalba e que comeza a súa andaina poden concursar todas as persoas que integran grupos de música, asociacións, dúos, solistas ou calquera outra proposta musical de Vilalba, consolidados ou de nova creación. Polo menos unha das persoas que formen parte do grupo deberá estar empadroada no concello.

A concelleira de Cultura, Vanesa Siso, presentou esta nova iniciativa “necesaria nun lugar como Vilalba, no que existen e existiron moitos grupos de música e no que hai unha canteira latente que debe contar co apoio institucional. A relación de Vilalba coa música vén de antigo e debe perdurar no tempo, acompañando todo o talento que temos e que debemos visibilizar”.

O CONCURSO

O xurado será nomeado mediante resolución da alcaldía, e estará composto por persoas reacionadas co eido musical. Nunha primeira fase seleccionanse un máximo de dez entre todos os traballos presentados e na fase final os/as finalistas serán convocadas/os para unha actuación en directo.

Outorgaranse dous premios ás mellores propostas musicais, premios en metálico por importe de 1.000 e 500 euros respectivamente. O primeiro premio, será tamén obsequiado coa gravación en estudo da peza musical galardoada e a gravación dun videoclip da mesma.

Ciclo de Música na Praza de Vilalba
Ciclo de Música na Praza de Vilalba

Os interesados e interesadas en participar deberán presentar a documentación pertinente e recollida nas bases no rexistro xeral de xeito presencial, ou a través da Sede Electrónica, ata as 23:59 horas do día 30 de xuño de 2022. Os temas a interpretar deberán enviarse ao email cultura@vilalba.es en formato mp3 ou mp4 (audio ou vídeo), despois de presentar a solicitude e a documentación precisa e dentro do prazo establecido.

Poderán participar menores de idade sempre que no grupo/dúo ou similar figure como mínimo unha persoa maior de idade. Admítese a concurso calquera xénero musical, con letra e música orixinais, ou, en todo caso, sen dereitos de autor sobre a mesma. Non se aceptarán letras con mensaxes de odio ou ofensivas e as pezas terán unha duración máxima de 3 minutos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...