InicioCulturaAntía Cal, a renovadora do ensino con orixes en Muras, recibe o...

Antía Cal, a renovadora do ensino con orixes en Muras, recibe o premio Otero Pedrayo

Con orixes en Muras e intensa conexión coa Chaira, tivo un papel indispensable nas novas correntes da pedagoxía e a recuperación do ensino en galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

A renovación na metodoloxía e o compromiso de Antía Cal coas novas xeracións marcaron o camiño para outras institucións educativas, herdeiras da sensibilidade polo galego e a conciencia cultural propia. Este labor é recoñecido co Otero Pedrayo, galardón creado en 1977 e dotado con 16.000 euros, promovido pola Xunta de Galicia e mailas catro deputacións provinciais.

Naceu na Habana (1923), sendo a familia de Muras, e volveu a Galicia sendo aínda cativa. Antía Cal medrou en Vigo, mantendo un intenso contacto coa chaira, referencia identitaria e parte fundamental na súa educación. En 1961 fundou, canda o seu home, o galeguista Antón Beiras, o Colexio Rosalía de Castro da cidade olívica.

Antía Cal é a segunda muller en recibir este premio, que comparte neste 2018 con María Xosé Queizán. Esta mestra natural de Vigo (1939) comezou na década dos cincuenta unha ampla traxectoria de compromiso co galego, que desenvolveu en múltiples xéneros, no ensaio e na traducción. Mais, ante todo, Queizán é unha activista polos dereitos da muller, sendo pioneira do movemento feminista en Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...