InicioTerra CháGuitiriz'Crowdfunding' para exhumar fosas comúns en Guitiriz e A Coruña

‘Crowdfunding’ para exhumar fosas comúns en Guitiriz e A Coruña

A Asociación pola Recuperación dos Desaparecidos no Franquismo (ARDF) puxo en marcha esta campaña a través da Fundación Goteo, para recadar fondos que permitan realizar os traballo de exhumación o 2 de xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación indica que, entre as vítimas que se poderían atopar nas fosas comúns situadas na Coruña e Guitiriz, figuran “tres maquis moi coñecidos en Fervenzas pola súa resistencia e valentía, un alcalde socialista ou unha mestra republicana, e así até chegar a 65“.

A Fundación a través da que se puxo en marcha a campaña traballa cun primeiro obxectivo, o mínimo, situado nos 7.665 euros que, de non alcanzarse, suporía a cancelación do proxecto e a devolución do diñeiro aos doantes. Na actualidade, lograron sumar 140 euros.

“É por iso que necesitamos achegas económicas ao proxecto, sobre todo até alcanzar o mínimo”, maniféstase desde a Asociación, que non só solicita axuda económica senón tamén colaboración na difusión do proxecto. “É un acto de xustiza devolver a identidade a estas persoas e poder reunilos cos seus familiares, algúns moi maiores”, engade a entidade.

O proxecto de exhumación do catro fosas comúns xorde no ano 2011, cando a Asociación inicia distintas investigacións documentais por diferentes puntos da xeografía galega, como Lugo, A Coruña ou Tui, seguindo distintas peticións cidadás. Como resultado destas investigacións, chégase ao “atrio do cemiterio de San Vicente de Fervenzas, onde o Rexistro civil de Aranga,Provincial e outros” recollen, segundo a Asociación, a existencia de polo menos 8 restos mortais soterrados no adro do cemiterio da devandita localidade pertencente A Coruña, así como a Vilarraso e á localidade de Guitiriz, sumando en total 65 vítimas.

Destas fosas comúns, a ARDF localizou familiares con residencia en Arxentina e Canarias, pero tamén outros que residen en zonas próximas. As fosas comúns foron preparadas para a súa exhumación no ano 2011 por parte da Asociación. Pero os permisos foron concedidos recentemente, explica a entidade. Por esta razón remárcase que “urxe levar a cabo os traballos, devolver a identidade roubada ás vítimas e poder entregar os seus restos mortais aos familiares”.

ÚLTIMAS

San Froilán 2025 amplía o seu cartel con novos artistas nacionais e internacionais

A área de Cultura do Concello de Lugo fixo pública esta mañá de luns...

Un peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un cristal coa cabeza

Un peregrino de nacionalidade inglesa resultou ferido na tarde do domingo en Sarria despois...

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

O PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días un expediente sancionador contra o Pub Las Palmeras

O grupo municipal do Partido Popular volveu reclamar este luns ao Goberno local unha solución...