InicioSociedadeGuitiriz segue preocupando ao manter unha incidencia por riba de 1.500

Guitiriz segue preocupando ao manter unha incidencia por riba de 1.500

A alcaldesa, Marisol Morandeira, apela ao autoconfinamento e augura que haberá que esperar unha semana máis para observar unha mellora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, volveu a apelar este venres ao “autoconfinamiento” dos veciños para baixar a incidencia acumulada a 14 días, que se sitúa por encima dos 1.500 de novos casos de coronavirus diagnosticados por cada 100.000 habitantes.

Morandeira tamén lembrou que o concello se mantén no “nivel máximo” de alerta sanitaria, polo que as restricións vixentes serán as mesmas ca ata o momento. “Aquí os casos activos son 87, por encima de 1.500 de incidencia acumulada”, detallou.

A pesar destes altos rexistros, a alcaldesa de Guitiriz precisou que “os casos activos van diminuíndo” e confiou en que “ao longo deste fin de semana e principios da que vén” se reduzan “de forma máis importante”.

En concreto, a rexedora da localidade lucense explicou que o gromo se iniciou o pasado 4 de febreiro, así que “tampouco deu moito tempo para solucionalo”. Augurou que “haberá que esperar unha semana máis” para observar unha mellora substancial da situación epidemiolóxica.

Así as cousas, Marisol Morandeira volveu chamar á “responsabilidade individual e ao autoconfinameento” da cidadanía. “Non pode haber unha persoa para controlar a cada un dos veciños, cada un ten que aplicar a súa responsabilidade individual”, remarcou.

CEPA BRITÁNICA

Ademais, sinalou que se considera que a variante británica pode ser a “predominante” no municipio logo de confirmarse que varias das mostras recollidas eran compatibles con esta cepa. Iso explicaría tamén o seu carácter “moito máis contaxioso” e a súa transmisión “descontrolada”“No centro educativo tivemos tres casos e catro días despois eran 15“, destacou. “A cepa británica, ademais, ten esa capacidade de contaxio máis alta e un comportamento para os enfermos moito máis asintomáticos”, resumiu finalmente a alcaldesa de Guitiriz.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG reclama a intervención da Xunta en Lugove ante o “incumprimento” do convenio colectivo

O BNG urxiu á Xunta de Galicia que interveña en Lugove, empresa concesionaria do...

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

Elena Candia recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez Baliña, referente da natación adaptada

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude,...

A Vicepresidencia da Deputación renova as pistas de squash do Pazo dos deportes

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a renovar as pistas de squash do...