InicioTerra CháCospeitoMuimenta xa ten o seu gran museo das zocas

Muimenta xa ten o seu gran museo das zocas

Máis de 40 tipos de zocas e instrumentos senlleiros compoñen o novo museo na Igrexa Vella de Muimenta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Cospeito, xunto a zoqueiros da zona, membros da asociación Xogos Tradicionais de Muimenta (XOTRAMU), o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e veciños inaugurou o Museo das Zocas de Muimenta. Un espazo que quere poñer en valor a longa tradición dos zoqueiros desta localidade na que aínda viven 8 profesionais, 4 en activo e 4 xubilados.

Este novo museo do patrimonio etnográfico lucense está situado no conxunto artístico da Igrexa Vella de Muimenta xunto á unha vella escola restaurada e reconvertida en museo pedagóxico. Está tamén rodeada dun campo con árbores excepcionais incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, converténdose nun entorno único tanto para veciños como para visitantes.

ZOCAS DE TODO TIPO

O novo espazo expositivo duns 80 metros cadrados, exhibe unha recompilación de pezas relacionadas co oficio de zoqueiro como son zocas antigas de hai 50 anos e zocas de nova elaboración, as ferramentas de traballo e os materiais utilizados na súa confección.

Na exposición, pódese contemplar ao redor de 40 pares de zocas de diferentes cores e ornamentos. Ademais das típicas zocas para homes e mulleres empregadas nas tarefas agrícolas destacan as zocas “chinelas” decoradas cun deseño máis elegante para ser usadas polas mulleres nos días festivos e as zocas con caña alta de coiro que servían para protexerse mellor da auga.

Grazas a intensa labor da veciñanza, o Museo das Zocas de Muimenta pode exhibir ferramentas do traballo dos zoqueiros hoxe en día case desaparecidas como a ‘aixola’ para dar forma a zoca, a ‘trade’ para facer o buraco ou o ‘gubias’ entre outras moitas.

Neste conxunto etnográfico destaca tamén un antigo banco de traballo de zoqueiro e un carro restaurado e cargado con troncos de abidueiro no que trasladaban a madeira. A mostra complétase con fotografías do proceso de elaboración das zocas e tamén dos oito zoqueiros desta localidade.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...