InicioTerra CháCospeitoCovocan unha roza no perímetro da torre de Caldaloba para denunciar o...

Covocan unha roza no perímetro da torre de Caldaloba para denunciar o “abandono e desleixo”

Entidades chairegas e concellos limítrofes reivindican que dito patrimonio pase a ser de propiedade pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha roza polo perímetro da torre de Caldaloba, este sábado ás once e media, será a nova acción coa que as entidades da Terra Chá e de concellos limítrofes volverán a manifestar a situación de abandono e desleixo do castelo de Vilaxoán ou Caldaloba, e reivindicar así que dito patrimonio pase a ser propiedade pública e se leve a cabo a súa recuperación e posta en valor.

Para as entidades chairegas, aseguran, non é tempo de “sosego” tras a consideración de BIC hai 36 anos, din en relación ás declaracións do pasado venres do representante do Partido Popular na comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego. Para estas entidades é tempo “intervencións efectivas por parte da administración galega sobre o propio ben patrimonial que leven a trabar o deterioro continuo e garantir a súa conservación”. A torre de Caldaloba, salientan, é de interese para entender “as mudanzas significativas e duradeiras que se produciron no noso país nas últimas décadas do século XV e que puxeron fin á existencia efectiva do Reino de Galiza” .

Para esta acción, as entidades convidan “a quen queira participar” e piden que se acheguen contra a hora acordada cun “gabillo, fouciño, fouce, podón ou rozadeira”. Igualmente convidan a todas as persoas que queiran acompañar nesta acción aínda que non rocen.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...