InicioEconomíaComeza a funcionar o laboratorio de probas de voos impulsado por Boeing...

Comeza a funcionar o laboratorio de probas de voos impulsado por Boeing en Rozas

O CIAR, en Castro de Rei, é un centro referente en avións non tripulados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O laboratorio de probas de voos que impulsa a empresa Boeing no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Castro de Rei foi posto en marcha este xoves.

No acto oficial con motivo do inicio do funcionamento das instalacións, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, fixo fincapé na contribución da multinacional para consolidar este centro como un referente en avións non tripulados dentro do Polo Aeroespacial de Galicia.

A infraestrutura forma parte do proxecto Galician Skyway, que busca solucións tecnolóxicas para a seguridade do tráfico aéreo non tripulado nos espazos que se comparten con aeronaves tradicionais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...