InicioTerra CháCastro de ReiDetido un incendiario en Castro de Rei mentres investigan unha eléctrica por...

Detido un incendiario en Castro de Rei mentres investigan unha eléctrica por dous lumes

Durante o que vai de verán xa foron investigadas 52 persoas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Autonómica esclareceu diferentes incendios nos últimos días, que pasan por dous lumes provocados por unha empresa eléctrica no Grove, así como outro caso dun incendiario reincidente en Castro de Rei (Lugo).

Respecto ao primeiro caso, investígase a unha empresa, titular dunha liña de tendido eléctrico, como principal causante de dous incendios forestais ocorridos o día 13 en Balea e na Lanzada, na parroquia de San Vicente do Mar, no municipio do Grove (Pontevedra).

Segundo informa a Xunta nun comunicado, o incendio iniciouse ao pousarse unha ave nunha das torres eléctricas que afectou a 0,27 hectáreas de superficie arboredo e 0,07 de superficie rasa. Na extinción foi necesaria a intervención do persoal contraincendios.

Deste xeito, este lume súmase á lista dos incendios producidos por tendidos eléctricos de alta tensión nos últimos tempos, entre os que destaca o que arrasou máis dun milleiro de hectáreas nos municipios coruñeses de Rianxo e Dodro no mes de marzo.

OUTROS INCENDIOS

Doutra banda, a Policía Autonómica detivo a un home de 46 anos na parroquia de Castro de Ribeiras de Lea, concello de Castro de Rei (Lugo), como presunto autor dun incendio forestal ocorrido en outubro.

O incendio afectou a 1,8 hectáreas de superficie. Tras meses de investigación, un dispositivo especial logrou esclarecer que se trata dunha persoa reincidente, detida polo mesmo motivo en períodos anteriores. O detido foi condenado a tres anos de prisión por un incendio e a catro meses por outro. As dilixencias xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.

Pola súa banda, no que vai de verán xa foron investigadas 52 persoas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...