InicioSociedadeA xeografía galega ínzase de concentracións de repulsa contra o crime machista...

A xeografía galega ínzase de concentracións de repulsa contra o crime machista da Pastoriza

Colectivos feministas convocaron manifestacións para a tarde deste luns 27 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As principais institucións de Galicia expresaron a súa repulsa polo crime machista da Pastoriza, onde un home de 82 anos matou a súa muller, de 79. É o primeiro feminicidio en Galicia no que vai de ano e o sexto en España.

Na mañá deste luns, rexistráronse concentracións por toda a xeografía galega para condenar tales feitos: gardáronse minutos de silencio no Parlamento, na Xunta de Galicia, na delegacións do Goberno, deputacións provinciais e principais consistorios galegos. En Lugo, ás portas da Subdelegación do Goberno, tamén se xuntaron diferentes representantes para mostrar “solidariedade” á familia e amigos da Pastoriza.

Ademais, tamén os colectivos feministas convocaron concentracións para esta tarde deste luns para reclamar o fin da violencia de xénero.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Comeza a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera

A Deputación arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con...