InicioCulturaO FIV de Vilalba engade un novo escenario e actividades gratuítas á...

O FIV de Vilalba engade un novo escenario e actividades gratuítas á súa programación de 2024

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival FIV de Vilalba disporá dun novo escenario e ofrecerá múltiples actividades, a maioría de acceso libre, e dirixidas a todas as idades na súa nova edición, que se celebrará os días 26 e 27 de abril no municipio lucense.

Así, durante o mediodía do sábado 27, o Escenario Emprazadas, que se situará na praza de Santa María, contará cunha programación diversa. Á xa tradicional actuación da Banda de Música de Vilalba, súmase a sesión DJ de Grande Osso e o karaoke FIV Stars con Esteban.

De Ninghures sumar ao cartel do FIV 2024 co Concerto Vibra Mahou. Nun comunicado explican que a banda é unha das seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a Fundación Paideia Galiza “para promover o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación”.

O escenario Vibra Mahou, que volve á Praza da Constitución, recibirá a artistas de renome do panorama independente musical. A noite do venres subirán ao escenario Dorian, Vinte e un, Grande Amore, Mondra, e como colofón á festa, estará Eme Dj. Xa o sábado será a quenda de Iván Ferreiro, A Randeeira Asasina, Nena Polaca, Lontreira, Serial Killerz e Señora Dj.

Os abonos continúan á venda a un prezo de 45 euros (máis gastos de xestión) tras esgotarse o tres primeiros tramos, así como as entradas por día, que se poden adquirir a través da páxina web.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...