InicioTerra CháVilalbaElba Veleiro, alcaldesa de Vilalba: "Se entrasen máis capóns, máis se venderían"

Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba: “Se entrasen máis capóns, máis se venderían”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asegurou este xoves que si entrasen máis capóns á feira, que se celebrou o mércores no mercado da capital chairega, “máis se venderían”.

De venda directa, a rexedora estimou que se comercializaron “preto de trescentos capóns, aínda que había máis censados pero deriváronse con días de antelación para negocios de restauración de Galicia e de fóra de Galicia”.

En canto aos prezos sinalou que oscilaron “entre os 110 e os 120 euros, aínda que algún exemplar chegouse a pagar por encima destes valores”. Un prezo máis elevado que o pasado ano, en que a media se situaba en 100 euros o capón.

Ademais destes trescentos vendidos, Elba Veleiro, considera que se puideron “vender outros tantos que xa estaban comprometidos”, mesmo desde o pasado ano e que “van para locais de restauración”.

Unha cuestión na que fixo especial fincapé é no éxito desta edición, na que “non houbo restricións”. A alcaldesa de Vilalba insistiu en que a edición da Feira do Capón este ano “foi moi ben”, “tan ben” que ás doce da mañá xa estabanvendidos todos os exemplares”.  “Transmítennos os criadores que se houbese máis capóns, máis se venderían”, concluíu Veleiro.

ÚLTIMAS

Ventos de case 140 quilómetros por hora en Muras noutra xornada de intensas precipitacións en Galicia

O municipio lucense de Muras rexistrou refachos de vento de 137,7 quilómetros por hora...

A Deputación de Lugo colaborará coa Fundación de Dano Cerebral en ampliar o seu centro residencial

A Deputación de Lugo destinará 135.000 euros á Fundación de Dano Cerebral para mellorar e ampliar...

The Undertones e Christina Rosenvinge encabezan o cartel do festival Facela Fest de Lugo

A organización do festival Facela Fest, que se celebra en Lugo, avanzou parte do cartel deste...

O Museo dedicado a Forges na Fonsagrada recibirá 40.000 € da Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Fonsagrada,...