A localidade lucense de Triacastela rexistrou na noite deste xoves dous pequenos tremores de magnitude 2,6 e 1,8 graos.
Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o máis importante tivo lugar ás 22,32 horas da pasada noite a uns 4 quilómetros de profundidade. O terremoto puido sentirse en localidades veciñas como Becerreá, As Nogais, Samos ou Sarria, así como na propia Triacastela.
Pouco antes, ás 22,26, rexistrábase na mesma zona outro tremor, este de 1,9 graos e con epicentro a uns 10 quilómetros de profundidade. Por outra banda, pasadas as 6,30 horas deste venres rexistrábase tamén un tremor, neste caso de magnitude 1,7, na localidade lucense de Begonte.
Xa en días anteriores, concretamente o domingo 2, rexistráronse outros dous tremores, neste caso nas localidades ourensás de Gomesende e Verea, de 1,5 e 1,8 graos, respectivamente.