InicioTerra CháCastro de ReiA Granxa Provincial manterá o nome de Gayoso Castro por non ter...

A Granxa Provincial manterá o nome de Gayoso Castro por non ter “relación” coa sublevación franquista

“Non se podía ser cargo dun goberno asesino e fascista sen defender os seus valores”, din os nacionalistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pleno desbotou, cos votos de PSdeG e PPdeG, unha proposta do BNG para mudar o nome da Granxa Gayoso Castro provincial. o Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, explicou que a Lei 52/2007 do 26 de decembro, Lei de Memoria Histórica, non indica que haxa que condenar de maneira xeral e automática a todos e cada un dos cargos políticos dos 40 anos de ditadura.

“Avaliando as decisións e información que temos de José Gayoso Castro, e tendo en conta a finalidade da Lei, non atopamos relación nin coñecemos datos que relacionen este proxecto e a posible implicación directa de Gayoso Catro na sublevación, na Guerra Civil ou na Represión. Nin atopamos datos persoais del que avalen fóra deste proxecto a súa participación na Represión”, aclarou o deputado. Polo tanto, “estase avaliando a presencia do seu nome nun proxecto que non se tería executado sen as decisións desta persoa”.

Ademais, afirmou en todo caso que, “se existen eses datos desa participación na sublevación, Guerra Civil ou Represión, agradecemos que se poñan en coñecemento e valoraremos a nosa posición”.

Por outra banda, Fernández Rico incidiu en que non se pode aceptar o nome proposto, Complexo Agrogandeiro e de Investigación Universitario de Castro, porque “desvincula totalmente a Granxa do feito fundamental de que estas instalacións pertencen á Deputación de Lugo e, pola contra, vincúlanas á Universidade cando, aínda que colaboramos con ela, a Granxa é da Deputación”.

“Esta institución provincial, baixo os sucesivos Gobernos de progreso dende o ano 2007, converteu á Granxa provincial nun referente no sector agrogandeiro a nivel galego, nun centro público de investigación de primeiro nivel e, polo tanto, nun motor para o desenvolvemento e a innovación das nosas explotacións gandeiras, con todo o esforzo orzamentario que isto supuxo e sigue supoñendo, ano tras ano”, explicou.

BNG

Pola súa banda, o grupo provincial do BNG denunciou que Gayoso Castro foi presidente da Deputación entre 1941 e 1946 e, á parte, un membro da falanxe que colaborou nas colectas para financiar os sublevados, segundo  tal e como expuxo no pleno o voceiro nacionalista, Efrén Castro.

Por iso, o BNG lamenta que PPdeG e PsdeG votaran en contra polo historial delicado do homenaxeado. “Non se podía ser cargo dun goberno asesino e fascista sen defender os seus valores”, expuxo o deputado nacionalista que denunciou “o branqueamento do franquismo que nos queren propoñer aquí”.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...