InicioTerra CháCospeitoDetidos tres veciños de Cospeito tras darse á fuga nun control policial

Detidos tres veciños de Cospeito tras darse á fuga nun control policial

Atopáronlles obxectos roubados en Ferrol e As Pontes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil do Posto das Pontes, en colaboración co Destacamento de Tráfico de Ferrol, detivo a tres homes veciños de Cospeito como presuntos autores de dous delitos de furto tras fuxir dun control. Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos sucederon cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol realizaba un punto de verificación de alcol e drogas na estrada AC-119, no termo municipal coruñés de de As Pontes.

Os efectivos actuantes procederon a darlle o alto a un vehículo que se aproximaba á súa posición, co fin de someter ao seu condutor ás probas de detección do consumo de alcol e drogas. Entón, relatan as mesmas fontes, o condutor do turismo fixo caso omiso das indicacións realizadas para que detivese o vehículo e aumentou “bruscamente” a velocidade, polo que os gardas civís actuantes iniciaron o seguemento.

Tras percorrer aproximadamente un quilómetro, o vehículo realizou un “xiro brusco”, destaca a Benemérita, á dereita e abandonou a vía por unha pista asfaltada. Posteriormente, detívose aos poucos metros e iniciaron os seus ocupantes a fuxida do lugar á carreira, polo que foron perseguidos polos gardas civís que lograron darlles alcance e inmobilizalos.

EFECTOS SUBTRAÍDOS

Unha vez inmobilizados, os compoñentes da patrulla trasladaron este tres persoas ás proximidades do turismo e procederon ao rexistro do vehículo, en cuxo interior localizaron unha carteira que contiña documentación dunha muller, 158 euros en metálico e un terminal de telefonía móbil, efectos que figuraban como subtraídos do interior dun vehículo na localidade das Pontes.

Tamén acharon o DNI, o cartón sanitario e dous cartóns de crédito a nome doutra muller, efectos que figuraban como subtraídos na localidade de Ferrol. Por todo iso, a Garda Civil procedeu á detención deste tres individuos, veciños da poboación lucense de Muimenta, en Cospeito, como presuntos autores de dous delitos de furto e á incautación dos efectos atopados. Os detidos en relación con estes feitos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos a disposición do xulgado de garda de Ferrol.

ÚLTIMAS

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida,...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta...

Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo iniciaron dilixencias para esclarecer un posible caso de violencia...

Identificado un ‘taxista pirata’ que facía traslados ilegais desde o HULA e ao que interveñen varias armas prohibidas

A Garda Civil identificou a un veciño de Lugo de 31 anos de idade, e con...