InicioSociedadeA Xunta levanta o veto a plantar patacas en varios concellos da...

A Xunta levanta o veto a plantar patacas en varios concellos da provincia

A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro non rexistraon ningunha captura nos dous últimos anos, polo que deixan de ser consideradas zonas infectadas pola couza e pasarán á denominada zona tampón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta de Galicia anunciou a través dun comunicado que levantará a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca. A medida vén de acordarse na comisión de seguimento desta doenza e farase efectiva unha vez saia publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O levantamento da prohibición de plantar pataca beneficiará os agricultores dos concellos coruñeses de CariñoOrtigueira e Neda, así como os dos municipios lucenses da, A PastorizaA PontenovaRiotortoRibadeo e O Valadouro. Ao non teren rexistrado ningunha captura nos dous últimos anos, estas localidades deixarán de ser consideradas zonas infestadas pola couza e pasarán a englobarse na demarcada como zona tampón.

A comezos de ano xa se levantara a prohibición de plantar pataca en varios concellos, entre eles Ourol e Abadín.  Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...