InicioTerra CháCastro de ReiDimite toda a dirección do IES José Trapero Pardo de Castro de...

Dimite toda a dirección do IES José Trapero Pardo de Castro de Rei pola falta de medidas ante a Covid

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación do inicio do curso e a xestión da Xunta está xerado toda clase de queixas entre a comunidade educativa, e mesmo varios equipos directivos presentaron a súa dimensión nas últimas xornadas debido ao abandono, o desamparo e a incerteza na que se atopan para organizar o arranque da actividade.

O IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, en Castro de Rei decidiu presentar a súa renuncia ante a falta de comunicación sobre a dotación de recursos e tras solicitar o profesorado necesario para garantir a presencialidade do ensino.

Institutos de toda Galicia están a presentar escritos para advertir publicamente da imposibilidade de organizar o curso, e a presión pola falta de tempo para adaptarse ás novas modificacións nos criterios do reinicio da actividade.

Previamente, o equipo directivo do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña, un dos centros que asinara a petición de atraso do curso, presentou a súa dimisión polo menosprezo cara á comunidade educativa e os “continuos cambios no protocolo contra a COVID-19”.

Outro dos casos foi o CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove. O centro está en obras para mellora de eficiencia enerxética, reforma da cachada e a cuberta, que unicamente finalizaron no interior do inmoble. O centro solicitou o pasado 5 de setembro atrasar o inicio do curso para garantir a seguridade, e as aulas non estaban preparadas, ademais de que as obras pendentes no exterior dificultan a ventilación do centro. A dirección do mesmo confirmou o xoves a súa decisión de dimitir.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...