InicioTerra CháAbadínUn xogador de fútbol veterano acepta ano e medio de prisión por...

Un xogador de fútbol veterano acepta ano e medio de prisión por unha agresión a un árbitro en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un xogador de fútbol veterano, F.C.C.), veciño de Abadín (Lugo), aceptou un ano e medio de prisión por agredir a un árbitro, ao alcanzar conformidade as partes con motivo dun xuízo que se ía a celebrar na Audiencia Provincial de Lugo e que xa quedou visto para sentenza.

Os feitos remóntanse ao 11 de xaneiro de 2014, cando o acusado se atopaba xogando un partido de veteranos en Abadín, entre os equipos do Montouto da devandita localidade e equipo no que xogaba, e o Lambruxos de Sarria.

Nun momento do choque, o arbitro J.F.P. sacoulle un cartón amarelo e, segundo se puxo de manifesto no escrito de acusación, “este con o ánimo de menoscabar a integridade física” do home “propinoulle unha forte puñada na boca, causándolle lesións consistentes en contusión en rexión labial e dor e mobilidade anormal no incisivo central superior dereito”.

Por un delito de lesións, pedía nas súas conclusións provisionais a Fiscalía tres anos de prisión que, tras o acordo de conformidade coa defensa do agresor, rebaixou a un ano e medio de cárcere, ademais dunha indemnización de 2.500 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...