InicioSucesosHospitalizada no HULA unha muller que caeu dende a muralla de Lugo

Hospitalizada no HULA unha muller que caeu dende a muralla de Lugo

A Policía Nacional investiga o suceso por se foi fortuíto ou existiu intención por parte da muller, de arredor de 80 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de arredor de oitenta anos foi trasladada de urxencia ao HULA apois de caer dende a muralla de Lugo, á altura da Porta do Carme, sobre as 9.45 horas.

Emerxencias recibira aviso de varias testemuñas que alertaron, pasadas as nove da mañá do xoves, de que esta muller tiña ‘intención’ de precipitarse dende a Muralla. A situación foi posta en coñecemento da Policía Nacional.

Sobre as 9.45 horas, os servizos sanitarios tiveron que trasladar de urxencia á muller, cun traumatismo severo na cabeza e sangrado abundante. Non trascendeu a evolución da persoa, ingresada no HULA.

Fontes da Policía Nacional confirmaron a este xornal que están a investigar o suceso, para esclarecer se foi fortuíto ou existiu intención por parte da muller hospitalizada.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...