Detido un mozo con doses de marihuana e cocaína no Corgo

A Garda Civil detivo a un mozo de Ponferrada como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Axentes da Garda Civil | Ministerio do Interior

A Garda Civil detivo a un mozo de Ponferrada como presunto autor dun delito contra a saúde pública e interveulle doses de marihuana e cocaína no municipio do Corgo.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 23,30 horas deste domingo foi detido na estrada D.P.-1611, ao seu paso polo Corgo, un veciño de Ponferrada de 28 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

No marco dunha investigación policial á persoa detida fóronlle intervidos 45 gramos de marihuana e 11 gramos de cocaína, apuntaron as mesmas fontes.

A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.