InicioTerra CháGuitirizFalece un home en Vilalba mentres conducía o seu tractor

Falece un home en Vilalba mentres conducía o seu tractor

Segundo fontes do 112 Galicia, foi un particular quen sobre as 13.15 horas púñase en contacto coa central de emerxencias para alertar de que acababa de atoparse cun tractor aceso e de que o condutor estaba inconsciente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu este luns na localidade lucense de Guitiriz tras sufrir unha indisposición mentres conducía o seu tractor na parroquia de Santa Cruz de Parga.

Segundo fontes do 112 Galicia, foi un particular quen sobre as 13.15 horas púñase en contacto coa central de emerxencias para alertar de que acababa de atoparse cun tractor aceso e de que o condutor estaba inconsciente.

Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, a Protección Civil e aos Bombeiros de Vilalba.

Xa no punto, os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o falecemento do home.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...