InicioSucesosO acusado de apuñalar á súa nai durante un brote psicótico pasará...

O acusado de apuñalar á súa nai durante un brote psicótico pasará a prisión provisional

O home permanecía hospitalizado no Hospital Universitario Lucus Augusti desde o mes de maio. Cabe lembrar que a muller faleceu no HULA despois de resultar gravemente ferida ao ser apuñalada, presuntamente, polo seu fillo durante un brote psicótico cando ambos se atopaban sós en casa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza da praza número 2 Instrución do Tribunal de Instancia de Lugo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza por un delito de homicidio para o home acusado de apuñalar á súa nai durante un brote psicótico en Lugo no mes de maio, segundo confirmaron fontes do TSXG.

O home permanecía hospitalizado no Hospital Universitario Lucus Augusti desde o mes de maio. Cabe lembrar que a muller faleceu no HULA despois de resultar gravemente ferida ao ser apuñalada, presuntamente, polo seu fillo durante un brote psicótico cando ambos se atopaban sós en casa.

A muller foi ingresada na Unidade de Coidados Intensivos, onde chegou con vida pero en estado grave tras os feitos, que tiveron lugar nunha vivenda situada na Praza de Bretaña, onde o home convivía cos seus pais. Segundo as investigacións, o agresor atacaría á súa nai cunha arma branca no interior do domicilio e logo sairía de casa.

Foi o pai do presunto autor quen, ao regresar ao domicilio e atopar á súa esposa ferida, avisou aos servizos de emerxencia, que se desprazaron ao lugar. A dotación contou con varias patrullas da Policía Nacional e da Policía Local de Lugo.

A muller foi trasladada de urxencia ao HULA en estado crítico, aínda que finalmente non puido superar a gravidade das lesións e faleceu de madrugada.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...