InicioSucesosMorre unha persoa en Baleira tras envorcar a pa xiratoria que manexaba

Morre unha persoa en Baleira tras envorcar a pa xiratoria que manexaba

O accidente produciuse na parroquia de Martín e mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil e Protección Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu este martes no municipio lucense de Baleira tras envorcar a pa xiratoria que manexaba. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse pouco despois das 14.00 horas. Pola información recibida no servizo de emerxencias, unha persoa permanecía atrapada debaixo da máquina en Loureiro, na parroquia de Martín.

Tras recibir o aviso, o 112 mobilizou o 061, que desprazou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén acudiron os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Baleira. Unha vez confirmado o falecemento da vítima, os medios desprazados continuaban traballando no lugar para liberar o corpo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...