InicioLugo e contornaAparatosos accidentes nas estradas: un coche envorcado en Xove e unha condutora...

Aparatosos accidentes nas estradas: un coche envorcado en Xove e unha condutora rescatada na maleza na Lama

Dúas persoas resultaron feridas tras rexistrarse unha colisión con tres vehículos implicados, un deles cunha dotación de vixiantes municipais, no municipio de Xove (Lugo).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xornada de moito traballo para os equipos de urxencia en Galicia debido a dous aparatosos accidentes de tráfico rexistrados nas provincias de Lugo e Pontevedra, que se saldaron con tres persoas feridas e importantes danos materiais. O sinistro máis grave tivo lugar arredor das 8:30 horas da mañá deste venres no concello lugués de Xove. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, tres vehículos vironse implicados nunha colisión múltiple rexistrada no Camiño Real de Xove. O accidente desencadeouse cando dous turismos sufriron un choque frontolateral e, xusto despois, un terceiro impacto contra eles.

UN VIXIANTE MUNICIPAL FERIDO EN XOVE

Malia o espectacular do envorco, os ocupantes non quedaron atrapados e puideron ser accesibles sen necesidade de que os bombeiros empregasen os equipos de excarceración. Con todo, dúas persoas resultaron feridas con lesións de diversa consideración e foron evacuadas por Urxencias Sanitarias-061.Unha das persoas feridas é membro do equipo municipal de vixilancia e da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Xove, colectivo que participou no operativo de seguridade xunto aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

SAÍDA DA VÍA E COCHE AFUNDIDO NA MALEZA E NA LAMA

Por outra parte, o 112 Galicia coordinou outro operativo de rescate na noite deste xoves na provincia de Pontevedra, concretamente no municipio da Lama. O accidente tivo lugar sobre as 22:00 horas na parroquia de Caxate. Nese punto, unha condutora perdeu o control do seu turismo e sufriu unha saída de vía, acabando o coche afundido nunha zona de moita maleza. Debido ás dificultades do terreo para abandonar o habitáculo polos seus propios medios, os bombeiros do Porriño desprazáronse ata o lugar para axudar á muller a saír do coche. Unha vez liberada, a condutora recibiu asistencia por parte dos profesionais sanitarios do 061.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...