A Garda Civil detivo en Madrid a un integrante dos Trinitarios por estafar, mediante ‘vishing’ e ‘smishing’, 80.733 euros a unha muller, de 60 anos de idade, residente na provincia de Lugo.
Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a vítima recibiu unha mensaxe de texto no seu teléfono móbil que aparentaba proceder da súa entidade bancaria.
No mesmo alertábanlle duns movementos irregulares e o bloqueo preventivo da súa conta da súa conta bancaria. Ademais, a mensaxe incluía unha ligazón fraudulenta que redirixía a unha páxina web que simulaba a imaxe corporativa do banco, onde a prexudicada introduciu as súas credenciais.
A continuación, a muller recibiu unha chamada telefónica dunha persoa que se fixo pasar por empregado da entidade bancaria e a cal, coñecendo os seus datos persoais, conseguiu gañarse a súa confianza.
Durante a conversación, e baixo a aparencia de estar a cancelar operacións fraudulentas, a vítima foi guiada para autorizar, sen sabelo, transferencias realizadas polos estafadores.
A muller, cando se deu conta do engano, acudiu ás dependencias da Garda Civil e interpuxo a correspondente denuncia. Por mor diso, os axentes iniciaron unha investigación e conseguiron bloquear as transferencias efectuadas e a conta utilizada para a comisión da fraude.
Desta forma, a vítima recuperar a totalidade do diñeiro subtraído, que ascendía a 80.733 euros.
O operativo permitiu determinar que o presunto autor formaría porte dun grupo criminal coñecido como os Trinitarios, unha organización dedicada, entre outras actividades delituosas, ao narcotráfico, roubos con violencia e estafas. A localización deste tipo de delincuentes resulta especialmente complexa debido ás medidas que adoptan para dificultar a súa identificación e eludir a acción policial.
