InicioSucesosCortan un tramo da A-6, en Baralla, tras desprenderse a lona dun...

Cortan un tramo da A-6, en Baralla, tras desprenderse a lona dun túnel

Segundo informaron fontes do CIAE 112, na tarde deste mércores recibiuse o aviso de que a lona que recubría o teito do tonel, situado no quilómetro 464, desprendeuse polo vento e ocupaba un dos carrís de circulación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un tramo duns 13 quilómetros da A-6, ao seu paso por Baralla e sentido A Coruña, foi cortado tras desprenderse a lona dun túnel situado no quilómetro 463 desta vía. Segundo informaron fontes do CIAE 112, na tarde deste mércores recibiuse o aviso de que a lona que recubría o teito do tonel, situado no quilómetro 464, desprendeuse polo vento e ocupaba un dos carrís de circulación.

Pola súa banda, a Garda Civil informou de que ás 18,30 horas procedeuse ao corte da calzada en sentido crecente entre os quilómetros 456 e 469, en Baralla. A circulación foi desviada pola N-6. Ao momento desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico así como do servizo de mantemento da infraestrutura.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...