InicioSucesosAbsolven o terceiro acusado de deter ilegalmente unha menor en Vilalba

Absolven o terceiro acusado de deter ilegalmente unha menor en Vilalba

A vítima non o recoñeceu como un dos seus captores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao terceiro acusado de deter ilegalmente a unha menor de 14 anos cando se dirixía cara ao seu domicilio na localidade lucense de Vilalba ao non recoñecelo a vítima no xuízo.

A sala xa había absolto, dentro do mesmo procedemento, a outras dúas persoas, pero nesta ocasión só axuizou ao acusado que estivo en rebeldía.

Nos feitos probados da sentenza, o tribunal indica que, o 3 de setembro de 2023, unha menor foi forzada a entrar nunha furgoneta, da que finalmente logrou escapar pouco despois.

Os maxistrados, ao avaliar a proba presentada, concluíron que non existe evidencia suficiente que acredite a participación do acusado nos feitos, xa que a vítima non o recoñeceu durante o xuízo e admitiu equivocarse na súa identificación inicial. A sentenza non é firme, xa que é recurrible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

XUÍZO

O xuízo contra este home celebrouse este martes e o acusado negouse a contestar á pregunta. Mentres, a vítima, do mesmo xeito que fixera no anterior proceso, tamén negou recoñecer ao acusado como presunto autor dos feitos e tampouco coincidiu na descrición da furgoneta co devandito na instrución do caso.

Os feitos remóntanse a setembro de 2023, durante a celebración das festas patronais en Vilalba. Segundo recolle o escrito de Fiscalía, a moza camiñaba xunto ao seu irmán en dirección á súa casa cando foi interceptada por unha furgoneta da que saíu unha muller, que a meteu á forza no vehículo.

Poucos metros máis adiante, a vítima logrou saír do mesmo polos seus propios medios e fuxiu á súa casa, moi próxima ao lugar, onde estaba o seu pai. Estes denunciaron o secuestro culpando directamente á familia dos acusados, residentes en Rábade, cos que tiñan varias disputas.

ÚLTIMAS

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

O Parlamento pide á Xunta tratar cos usuarios a remodelación da residencia das Gándaras

A Cámara galega instou á Xunta a dialogar cos usuarios da residencia das Gánadaras...

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...