InicioSucesosFerido un condutor que circulaba en sentido contrario pola A-6 ao chocar...

Ferido un condutor que circulaba en sentido contrario pola A-6 ao chocar cun microbús en Guitiriz

O accidente produciuse de madrugada, á altura de Lagostelle; no microbús viaxaban unha vintena de persoas que resultaron ilesas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido na madrugada deste domingo tras circular en sentido contrario pola A-6 e chocar contra un microbús á altura de Guitiriz, concretamente en Lagostelle, segundo informa o 112. Foi ao redor das 01.00 horas cando varios particulares alertaron á Central de Emerxencias de que viran un turismo circulando en sentido contrario, polo que se informou á Garda Civil.

Pouco despois, Urxencias Sanitarias de Galicia reportou que o vehículo chocara no quilómetro 534 cun microbús que cubría a ruta Mondoñedo-Vigo, e no que viaxaban unha vintena de persoas que resultaron ilesas. Con todo, no operativo tamén participaron o GES de Curtis e os servizos de mantemento da autovía, ademais do persoal sanitario que atendeu ao ferido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...