InicioSucesosVarios homes agriden de forma brutal a outro nas rúas de Lugo...

Varios homes agriden de forma brutal a outro nas rúas de Lugo e róubanlle 1.000 euros en efectivo e 220 máis en Lotaría

A Policía Local de Lugo informou da localización dun home con evidentes lesións faciais e sangrado abundante, quen manifestou ser abordado por varios individuos que o derrubaron e lle propinaron fortes patadas na cabeza, antes de roubarlle.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo informou de que un home sufriu na madrugada do 7 de outubro unha “brutal” agresión con roubo na vía públia. En total, subtraéronse 1.000 euros en efectivo –200 do peto traseiro e unha riñonera con outros 800– e 220 euros máis en Lotaría de Nadal, ademais de documentación persoal e as chaves do seu posto de traballo.

Segundo informa nun comunicado, os axentes interviñeron tras recibir aviso sobre a presenza dunha persoa ferida na confluencia da Avenida de Magoi coa Rúa Madanela. No lugar localizouse a un home con evidentes lesións faciais e sangrado abundante, quen manifestou ser abordado por varios individuos que o derrubaron e lle propinaron fortes patadas na cabeza, antes de roubarlle.

A vítima, segundo relata a Policía Local, relacionou o asalto cunha discusión previa ocorrida nun establecemento de hostalaría no que coincidira cun home acompañado dunha parella, quen podería observar onde gardaba o diñeiro ao usar unha máquina comecartos. A Policía Local trasladou que se obtiveron gravacións do local que permitirán avanzar na identificación dos autores. A vítima foi evacuada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) dada a gravidade das lesións.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...