InicioSucesosSuspenden a distribución da Credencial de Lugo do Camiño tras negarse a...

Suspenden a distribución da Credencial de Lugo do Camiño tras negarse a Compostela a peregrinos que a portaban

A asociación achaca a que esta suposta diferenza de criterios débese a un "interese puramente económico" por parte de responsables da Catedral de Santiago: "Para lograr maiores ingresos, está disposta a pór en dúbida a autoridade do Bispo de Lugo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo Monumental decidiu suspender a distribución da Credencial de Lugo do Camiño de Santiago porque, segundo asegura nun comunicado, negouse a Compostela a peregrinos que portaban este documento para acreditar parte da ruta realizada. A Credencial de Lugo, editada pola entidade co aval do Bispado de Lugo e que serve aos peregrinos para recoller os selos das localidades que atravesan, levaba funcionando con normalidade desde o ano 2016. Esta era aceptada para obter a Compostela, pero “nos últimos tempos”, sinala Lugo Monumental, negouse ese documento aos peregrinos que portaban a Credencial de Lugo.

A asociación achaca a que esta suposta diferenza de criterios débese a un “interese puramente económico” por parte de responsables da Catedral de Santiago: “Para lograr maiores ingresos, está disposta a pór en dúbida a autoridade do Bispo de Lugo”. Así, traslada que manterá esta medida ata que “a Igrexa resolva os problemas”. “Sorprendentemente outras credenciais si son aceptadas, e mesmo se pode obter a Compostela presentando un folio en branco cos selos que demostran facer o Camiño, o que demostra unha inexplicable animadversión contra a Credencial de Lugo”, expón o comunicado.

NEGACIÓN DA CREDENCIAL

Tal e como recolle Lugo Monumental, semanas atrás un dos establecementos distribuidores recibiu unha chamada dunha persoa que aseguraba ser representante da Oficina do Peregrino en que se lle dicía que a Credencial non tiña validez. A entidade interpretou que esa persoa “non estaba ben informada”, xa que o documento usouse durante anos sen a menor oposición por parte de Santiago. A asociación púxose en comunicación de inmediato co Bispado de Lugo, quen se limitou, segundo expón, a responder que están “a solicitar datos” e que traballan no tema.

“Comprendemos que é un asunto interno que debe resolverse polas canles da Igrexa católica, pero a asociación non pode esperar durante máis tempo a tomar decisións, xa que os peregrinos están a ser as vítimas desta absurda situación”, acusa a entidade. O xoves recibiu un correo dun peregrino que presentou a Credencial de Lugo e ao que lle negaron ao Compostela, o que Lugo Monumental cualifica como “sorprendente”. Con todo, o correo puido “arroxar luz”, a ollos da entidade, xa que aos peregrinos aos que se negou a Compostela ofrecéuselles o documento se compraban a Credencial emitida en Santiago, polo que considera “fácil deducir” que se trata de “unha pura cuestión económica”.

Agora, a asociación, ademais de suspender a distribución da Credencial, remitirá escritos ao Bispado de Lugo, o Arcebispado de Santiago, a Conferencia Episcopal Española e ao Papa León XIV explicando a situación. Ademais, comunicará o sucedido ás administracións públicas implicadas no Camiño de Santiago –principalmente a Xunta de Galicia, indica– para que interveñan e porase en contacto con outras persoas que solicitaron información da Credencial para detectar máis casos de rexeitamento.

ÚLTIMAS

Seis persoas están observación no HULA tras intoxicarse con deterxente nunha pulpería durante o San Froilán

Seis persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicarse cun café contaminado...

Evacuada en helicóptero unha peregrina ferida tras caer da bici na LU-633, en Pedrafita

Unha peregrina necesitou ser evacuada en helicóptero este sábado ao resultar ferida tras sufrir...

A Deputación de Lugo  mellorou máis de 35 quilómetros da LU-P-1611 desde o 2020

As obras do cinto comarcal, a LU-P-1611, á altura do concello do Corgo, xa...

A UE admite a trámite a solicitude de Lugo Monumental para revisar a xestión de peonalización do centro histórico

A Unión Europea admitiu a trámite a solicitude presentada pola Asociación Lugo Monumental para revisar a...