InicioSucesosDetido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local interveu tras recibir o aviso dun episodio de violencia de xénero no centro histórico da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade tras supostamente agredir á súa exparella cando se dispuña a entrar nun establecemento de lecer nocturno. Segundo informa o Concello, o corpo municipal foi requirido a través da sala do 092 para acudir a unha rúa do centro histórico porque, ao parecer, produciuse un episodio de violencia de xénero.

Unha vez alí, a muller manifestou á patrulla que, facía uns minutos, cando ía entrar nun establecemento, a súa exparella impedíralle a entrada e agarrado polos brazos, o pescozo e as pernas. Tras isto, conseguiu soltarse e chamar á Policía Local.

Os axentes identificaron ao presunto autor dos feitos, quen manifestou que mantivera unha discursión coa muller e que fora el quen sufriu a agresión. Con todo, os axentes procederon a deter a este home e trasladalo a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias por estes feitos. A muller foi conducida a un centro médico para poder recibir asistencia das lesións sufridas.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...