InicioSucesosSegue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

O home, de 94, anos desaparecido en Escairón, no Saviñao, foi localizado en bo estado na tarde do xoves

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de 85 anos, que non volveu á súa casa este martes despois de saír a dar un paseo.

Os labores de procura contan con máis de 60 voluntarios que, divididos en grupos, percorren a zona norte da cidade, concretamente nas zonas do Ceao e Ombreiro. Este número de voluntarios crece continuamente, xa que se van sumando persoas aos grupos.

A familia da octoxenaria, que ten problemas de Alzheimer e diabetes, presentou unha denuncia na comisaría cando non volveu á súa casa, situada no barrio de Fingoi, pola tarde tras saír a dar un paseo, presumiblemente polo barrio de Montirón, onde é habitual vela.

Os axentes da Policía Nacional encárganse de coordinar os labores de procura, nas que colaboran tamén axentes da Policía Local, familiares, amigos, veciños, axentes de cabalaría e os drones de Vigo e A Coruña. A procura céntrase na zona norte da cidade porque foi vista por última vez a través dunha cámara nun establecemento da Avenida da Coruña.

Isaura mide 1,40 metros de estatura, é de complexión delgada e pesa 40 quilos. Leva o pelo branco e curto e a última vez que lla viu levaba posta unha chaqueta de cor malva, un pantalón escuro e un chapeu claro.

A familia compartiu un cartel polas redes sociais e pola cidade, solicitando a colaboración cidadá e pedindo que se contacte cos números 626 990 619 ou 617 779 815 se se ten información sobre o seu paradoiro.

LOCALIZADO DESAPARECIDO NO SAVIÑAO

Noutra orde de asuntos, o home, de 94, anos desaparecido en Escairón, no Saviñao, foi localizado en bo estado na tarde do xoves.

Neste caso só faltou unhas horas, xa que foi atopado sobre as 21.00 horas, sentado nun camiño e en perfecto estado de saúde. Foi un dos mozos que participaba no operativo de procura, o que llo atopou nunha zona próxima ao bar onde estivera esa mesma tarde.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...