InicioSucesosTres persoas detidas por roubos en establecementos comerciais en Guitiriz

Tres persoas detidas por roubos en establecementos comerciais en Guitiriz

Os detidos aproveitaban a ausencia dos traballadores nos negocios ou que estaban pechados para subtraer os efectos, que posteriormente vendían a terceiras persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo, no marco da operación ‘Bouteche’, detivo a tres persoas integrantes dunha banda especializada en roubos en establecementos comerciais.

Segundo informou o Instituto Armado, ao tres persoas, veciñas de Ferrol e Narón, impútanlles dous roubos que ocorreron en Guitiriz o pasado 8 de xuño.

Os presuntos autores subtraeron durante esa tarde o eixo dun vehículo e varias lamias, que se atopaban nun taller mecánico e, posteriormente, o motor eléctrico dun enreixado e a bomba de auga dunha granxa vacuna.

Os detidos aproveitaban a ausencia dos traballadores nos negocios ou que estaban pechados para subtraer os efectos, que posteriormente vendían a terceiras persoas.

Así mesmo, os investigadores constataron que estas persoas conformaban unha banda con base en Ferrol, desde onde se trasladaban para cometer os roubos.

ÚLTIMAS

Melloras na estrada que conecta Lugo, O Corgo e o Páramo

As obras da LU-P-2904, a vía que conecta Conturiz, desde a N-VI ata O...

Denunciado por ir en sentido contrario nunha bicicleta cun cartel na man que puña “de uso público”

A Policía Local de Lugo informou este xoves de que interveu na madrugada do...

Norvento recibe autorización para un parque eólico en Abadín e A Pastoriza

A Xunta outorgou a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución do parque...

A Deputación de Lugo impulsa o empoderamento das mulleres no rural

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou no Pazo de San Marcos...