InicioSucesosSusto no Polígono do Ceao de Lugo por un incendio nunha das...

Susto no Polígono do Ceao de Lugo por un incendio nunha das naves de Cafés Candeas, sufocado sen feridos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres dotacións dos bombeiros desprazáronse esta mañá á rúa Transportes do polígono industrial do Ceao, en Lugo, para sufocar un incendio nunha das naves de Cafés Candelas. Afortunadamente, todo quedou nun susto ao non ter que lamentar persoas feridas.

O incendio produciuse sobre as 10.30 da mañá e deixaba ver unha columna de fume que alertou ás naves veciñas. Os bombeiros acudiron ao lugar e, tras unha intervención de media hora, o incendio quedou sufocado. Aínda que non houbo afectados, ao ao lugar desprazouse un servizo de ambulancias por se fixese falta. Ademais, a rúa permaneceu cortada ata as 11.45 da mañá por parte da Policía Local mentres se realizou a actuación dos bombeiros e as comprobacións posteriores.

ÚLTIMAS

Un incendio rexistrado na Pastoriza sáldase cunha persoa ferida con queimaduras

Unha persoa sufriu queimaduras e necesitou asistencia sanitaria nun incendio rexistrado nun alpendre na...

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras un choque en Lugo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas, e unha delas excarcerada, tras chocar un coche...

Unha disputa no fogar acaba cun home e unha muller detidos tras recibir asistencia sanitaria

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o domingo a un home e a unha...

Rescatan en Lugo a un can atrapado nunha xanela

Axentes da Policía Local rescataron en Lugo a un can que quedou atrapado na...