InicioLugo e contornaLugoUn home resulta ferido por disparo no barrio de Feijoo

Un home resulta ferido por disparo no barrio de Feijoo

A Policía Nacional investiga o suceso, ocorrido na noite do venres na rúa Río Avia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido por arma de fogo na noite deste venres no barrio de Feijoo, na cidade de Lugo, segundo informou o 112 Galicia. Os feitos tiveron lugar na rúa Río Avia, desde onde un particular chamou aos servizos de emerxencias tras escoitar disparos e alertar da presenza dun veciño ferido.

Ata o lugar desprazouse de inmediato unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que procedeu ao traslado do home ao hospital para recibir atención médica. Polo momento, non trascendeu o seu estado de saúde.

Ademais do equipo sanitario, tamén acudiron efectivos da Policía Nacional, que se fixeron cargo da investigación, e axentes da Policía Local, que colaboraron no operativo de resposta.

Fontes consultadas confirmaron que a investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias do suceso e identificar, se é o caso, á persoa autora do disparo. Polo momento non se practicaron detencións.

A Policía Nacional mantén a zona baixo seguimento e fai un chamamento á colaboración cidadá para achegar información que poida ser relevante no marco das pescudas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...