InicioSucesosDeteñen un home en estado ebrio que tentou agredir a varias persoas...

Deteñen un home en estado ebrio que tentou agredir a varias persoas tras unha pelexa en Lugo

Unha vez en dependencias policiais, o home tentou agredir de novo aos axentes, con patadas e cabezazos de novo, debendo ser reducido ata o seu ingreso nos calabozos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local detivo a un home en Lugo ao que responsabilizan de tentar agredir a viandantes, axentes e persoal sanitario tras unha pelexa e estando baixo os efectos do alcol.

Os feitos tiveron lugar ás 17.15 horas da tarde do pasado martes, cando a Policía foi requirida polos veciños, que lles alertaron dunha pelexa entre o detido e outro home na Rúa Camiño Real. Cando chegaron os axentes atopáronos tirados na beirarrúa, interrompendo o acceso ao paso de peóns.

Ante esta situación tentáronos incorporar e chamaron a unha ambulancia dado o seu estado alcohólico e, mentres esperaban, un dos homes comezou a mostrar unha actitude agresiva, tentando golpear aos viandantes que pasaban polo lugar. Ao intervir os axentes para impedilo, tamén foron alcanzados por varias patadas.

Unha vez no interior da ambulancia, o home aumentou o grao de agresividade, golpeando a porta lateral do vehículo e tentando agredir tanto a un dos axentes como ao persoal sanitario, polo que tivo que ser reducido, procedendo á súa detención por un presunto delito de atentado contra axentes da autoridade, tras o cal foi trasladado a un centro sanitario, onde continuou coa súa actitude agresiva.

DESENCAIXOU AS PUERTAS

Segundo consta no ateigado, durante o traslado na patrulla policial, o detido golpeou repetidas veces as portas do automóbil, chegando a desencaixalas dos seus marcos, á vez que profería ameazas de morte contra os axentes.

Unha vez en dependencias policiais, o home tentou agredir de novo aos axentes, con patadas e cabezazos de novo, debendo ser reducido ata o seu ingreso nos calabozos.

INTERVENCIÓN EN FONTE DOS RANCHOS

Esa mesma noite, tiveron que intervir en Fonte dos Ranchos porque unha muller se negaba a abandonar un local de hostalaría.

Cando os axentes a convidaron a saír, comezou a golpear o mobiliario, aínda que finalmente marchouse do lugar sen máis incidencias.

ÚLTIMAS

Senadores do PP critican que o Goberno “deixe descolgada” a Lugo en materia de proximidade ferroviarias

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Deteñen a un traballador dun centro comercial de Lugo por usar os datos de clientes para as súas compras

A Policía Nacional detivo en Lugo a un empregado dun centro comercial da cidade...

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...

Lugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o PPdeG reclama apoios e denuncia o “desprezo” de Sánchez a Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, avanzou este xoves que os...