InicioSucesosIdentifican o presunto autor de cinco roubos en garaxes de Lugo

Identifican o presunto autor de cinco roubos en garaxes de Lugo

A Policía Nacional tras identificar o home, que conseguiu roubar nun vehículo material por valor de máis de 4.000 euros, comprobaron que se atopa en prisión por outros feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría provincial de Lugo identificaron a un home como presunto autor de cinco roubos con forza en garaxes.

Segundo informou o corpo policial, o home realizou cinco roubos en vehículos estacionados en diferentes garaxes da cidade, todos eles durante o último trimestre de 2024.

Tras recompilar e analizar as denuncias dos roubos, os investigadores comprobaron un patrón delituoso que lles levou á identificación do autor.

A Policía Nacional tras identificar o home, que conseguiu roubar nun vehículo material por valor de máis de 4.000 euros, comprobaron que se atopa en prisión por outros feitos.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...