InicioSucesosDeteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere...

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de drogas, tras sorprendela cando tentaba introducir droga no cárcere de Monterroso aproveitando unha visita a un interno.

En concreto, informou o corpo, a muller acudía a visitar a un interno no penal e entre as súas posesións levaba cannabis, que lle foi intervido. Na detención colaborou tamén o persoal técnico de Institucións Penais.

Por outra banda, a Garda Civil investiga a un mozo de 19 anos que causou diversos danos nun vehículo estacionado no termo municipal de Meira. Foi a propietaria do vehículo a que observou como danaba o turismo e recriminoulle os seus actos. A continuación, foi agredida polo investigado, á vez que a insultaba con alusións ao seu lugar de orixe.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...